A Consellería do Medio Rural e do Mar publica  no DOG a "ORDE do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control".

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150311/AnuncioG0165-100315-0001_gl.pdf
A xudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidadespara o 2015.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150224/AnuncioG0165-160215-0003_gl.pdf
A Consellería de Economía e Industria publica a "ORDE do 30 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015".
Adxúntase o enlace coas bases completas: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150211/AnuncioCA04-040215-0003_gl.pdf

O prazo para a presentación da solicitude para estas axudas remata o día 11 de marzo de 2015.

O Instituto Enerxético de Galicia publica a "Resolución do 26 de decembro de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2015".

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quentamento dun fluído mediante equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible.

Poderán ser beneficiarios:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións.

O prazo de solicitude remata o 26 de febreiro de 2015.

Adxúntanse as bases completas: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150126/AnuncioO3G1-150115-0001_gl.pdf

A Consellería do medio Rural e do Mar publica a "Orde do 22 de decembro de 2014 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2015".

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150112/AnuncioG0165-261214-0008_gl.pdf

Páxinas: Primeiro ... 4 5 6 7 8 ... Último

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com