O Fondo Español de Garantía Agraria publica unha asignación provisional dos dereitos de pagamento básico, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www11.fega.es/BdcGpbConsultaPublica/inicio/inicio.action.

Se no 2015 se presentou unha transferencia de explotación ou unha solicitude á Reserva Nacional, non aparecerán os datos asociados á explotación.

A comunicación oficial para todos os produtores titulares de dereitos provisionais realizarase no mes de decembro de 2015, e finalmente a comunicación dos dereitos definitivos antes de que finalice o primeiro trimestre de 2016.
O Fondo Galego de Garantía Agraria publica a relación provisional de produtores incluídos no réxime simplificado para pequenos agricultores:

http://www.medioruralemar.xunta.es/fileadmin/arquivos/fogga/pac_2015_2020/doc/Relacion_provisional_pequenos_agricultores_2015.pdf
 
Os interesados que non queiran participar neste réxime deberán notificar a súa decisión de renuncia á Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria antes do 15 de outubro de 2015.

 
O Fondo Español de Garantía Agraria publica  unha Circular cos criterios para o cumprimento da figura de agricultor activo nas axudas da PAC.

http://www.fega.es/PwfGcp/imagenes/es/Circular_27-2015_Criterios_para_el_cumplimiento_de_la_figura_de_Agricultor_Activo_tcm5-51859.pdf
A Presidencia da Xunta de Galicia publicou no D.O.G. a LEI 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

Adxúntase o docuemnto lexislativo completo:  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150714/AnuncioC3B0-020715-0002_gl.pdf
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a  Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se convocan as axudas para agricultores membros de Agrupacións de Defensa Fitosanitaria (ADF) en materia de loita contra as pragas. As solicitudes de axuda para a convocatoria deste ano presentaranse ata o 29 de xuño.

A finalidade destas subvencións é  conseguir unha mellora da loita fitosanitaria nas explotacións contra as pragas  financiando  entre outros, os custes do persoal que realizan o correspondente asesoramento técnico, enfocado ó seguimento das pragas, recomendacións de tratamentos a seguir, así como a levanza dos cadernos de explotación.

Os beneficiarios serán os agricultores que desenvolvan a súa actividade nos sectores de produción de horta, froiteira ou vide, que estean inscritos no rexistro de explotacións agrarias, que pertenzan a unha ADF e empreguen os seus servizos para o desenvolvemento dun programa de defensa fitosanitaria. Tamén deberán acreditar a súa actividade agraria mediante o seu correspondente código de explotación agraria (REAGA).

Adxúntanse as bases completas: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150529/AnuncioG0165-220515-0005_gl.pdf
Páxinas: Primeiro ... 2 3 4 5 6 ... Último

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com