¿Qué é ADEGAL?

ADEGAL, é a unión de Empresarios, de Gandeiros e de Agricultores da comarca da Limia que reunidos baixo o amparo legal de unha asociación unen
os seus esforzos para a consecución duns fins comúns.
É importante indicar que estamos ante unha asociación sen ánimo de lucro, carente de calquer tipo de vinculación ideolóxica política cuio fin primordial é o de dar a coñecer a importancia social e económica que o sector primario, a agroindustria e o sector servizos ten na Limia.


¿Cómo nace ADEGAL?
 
Na nosa comarca a fórmula da asociación para a defensa de intereses comúns a distintos sectores non é algo novedoso. Así xurdiron distintos
proxectos encamiñados nesta liña pero que por causas descoñecidas non chegaron a calar.
Froito dun análise pormenorizado da situación, chegouse a conclusión de que toda a actividade que se desenrola na comarca está vinculada entre si, de tal xeito que a subsistencia do sector primario afecta ó tecido empresarial, así como a o sector de servizos. Por elo, se esta subsistencia é precisa para a supervivencia , solo cabía facerse unha única pregunta: ¿Por qué non unir forzas para a defensa dos nosos intereses? E así a resposta a esta pregunta deu lugar a creación deste novo proxecto.


¿Qué finalidades persegue esta asociación?
 
1) Con carácter xeral, a nosa asociación busca a representación dos nosos sectores diante da propia Administración. Queremos que se conte coa
opinión dos asociados de cara o establecemento de nova normativa. Entendemos que non hai mellor forma de lexislar que dende o coñecendo do día a día do problema. Por elo, dende ADEGAL queremos ofrecernos como vehículo transmisor do noso coñecemento sobre a nosa terra para que a normativa legal conviva coa práctica da agricultura, da gandeiría e co mundo da empresa.
 
2) Apostamos por dar a coñecer a nosa comarca ó resto de España, fomentando a publicitación dos nosos produtos e o bo quefacer dos mesmos. Cremos que somos unha comarca con produtos que apenas son coñecidos no resto da península e que a súa divulgación pode xerar fonte de riqueza para a comarca.

3) Pretendemos unha modernización dos nosos sectores, establecendo así a realización de investigacións, promoción de estudios, seminarios,
publicacións especializadas, etc. Búscase así levar a cabo accións formativas para os nosos asociados dado que entendemos que a agricultura, a gandeiría e o tecido empresarial é algo que non é estático, senón que está en constante evolución (novas sementes, novas razas, novos tratamentos, etc.) e que estes continuos cambios deben estar presentes na nosa forma de traballo.
 
4) Promover a defensa de modo prioritario da explotación agraria e gandeira de agricultores, gandeiros e empresarios a título principal, de mulleres e xoves que se incorporan ás devanditas actividades , promovendo o coñecemento a través de calquer medio e sobre todo dende as novas tecnoloxías do dereito e acceso á propiedade e dereitos de produción.

5) Queremos lograr unha equiparación de servizos no rural cos existentes no medio urbano, requirindo ás distintas institucións para que colaboren na dotación dos meritados servizos. Estamos ante unha comarca eminentemente rural, onde o groso da súa poboación se atopa alonxada da vila. Por elo, pediremos un mellor modo de acceso, de comunicación e de transporte, para lograr unha mellor difusión dos nosos produtos.
 
6) A defensa da natureza e do medio rural dende o punto de vista da ecoloxía e a súa conciliación coa actividade agraria, gandeira e empresarial. Esta asociación vai defender sempre a compatibilidade dunha agricultura, dunha gandeiría e dun tecido empresarial que desenrolen as súas actividades dentro do marco da ecoloxía, porque entendemos que é posible e beneficiosa unha convivencia estreita de ambas opcións.
 
7) A conciliación da vida laboral da muller agricultora e gandeira. Estadísticamente, de modo directo ou indirecto, estamos ante unha comarca na cal participan de modo activo un número case que igual de mulleres que de homes na práctica da actividade agraria e gandeira. Por elo, dende esta asociación queremos fomentar a conciliación da actividade laboral coa actividade familiar.

8) Estamos a percatarnos dun incremento de mozos que están a realizar tarefas agrogandeiras, feito que valoramos de modo moi positivo, pero queremos achegarnos a eles tanto para mostrarlles formas de traballo tradicionais como a compatibilización das mesmas con novos sistemas de traballo, fomentando así o acceso dos mesmos ás novas tecnoloxías.


¿Cales son as primeiras accións a desenvolver e a levar a cabo dende ADEGAL?

1.- Solicitar á Consellería do Medio Rural e do Mar que a Limia sexa  declarada “Zona de Actividade Agraria Prioritaria”:

O grado de aproveitamento agrario, medido como Superficie Agraria Útil (SAU), non chega a representar o 25% da superficie total como media na Comunidade Autónoma de Galicia, sen embargo esta porcentaxe ascende ata un 60% no Concello de Xinzo de Limia, acadando unha porcentaxe similar na comarca.
 
Sendo un obxetivo do país o mantemento da superficie agraria, o Parlamento Galego aprobou a Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da SAU e do Banco de Terras de Galicia.
 
A Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, establece no artigo 47 as Zonas de Actuación Prioritaria. "O Consello da Xunta poderá identificar e declarar zonas de actuación agraria prioritaria, que serán zonas de actuación intensiva en función dos seus especiais valores agrarios ou ambientais, onde poderá priorizar as súas actividades así como instar ás restantes entidades con competencias en materias no ámbito rural para executar plans integrais de xestión de terras e desenvolvemento territorial co contido, alcance e procedemento de elaboración e execución que se estableza no correspondente decreto de declaración”.
Logo pois, a comarca da Limia cumpre coa filosofía da Lei 6/2011, de 13 de outubro, de mobilidade de terras, cumprindo a maioría dos seus preceptos, para ser considerada Zona de Actuación Agraria Prioritaria, dado o grado de aproveitamento do solo, a repercusión da actividade agraria nos índices económicos na zona, a cantidade de terra con valor productivo, as necesidades da terra agraria e das explotacións, o número de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais existentes, o grado de abandono da terra, o risco de incendios forestais e o grado de despoboamento.

A repercusión da actividade agraria na zona supón practicamente unha quinta parte dos afiliados totais á seguridade social. En termos de emprego, a Bisbarra da Limia agrupa 2.130 Unidades de Traballo Agrario, que son principalmente titulares de explotación ou membros da unidade familiar. Referíndonos ós datos do ano anterior ó que cursa, a actividade agrícola xerou un gran volume de riqueza para a comarca:
  • Sementáronse 3.050 hectáreas de pataca, que produciron 109.000.000 kg, sendo 15.000.000 kg de producción de calidade para a IXP “Pataca de Galicia”, o que representa o 90% da pataca certificada.
  • Referíndonos ós cereais cultiváronse 13.980 hectáreas de trigo, que produciron 48.180.000 kg.
  • O centeo tamén aporta una producción de 4.500.000 kg, ademáis de haber outos cultivos importantes e emerxentes como poden ser o millo e a horta extensiva.
A Limia, ademáis de ser o “graneiro de Galicia”, supón o 80% da base de provisión do trigo tremesino do país que se utiliza para a elaboración do “Pan de Cea”.

En canto á actividade gandeira destaca a produción de porcino, a zona agrupa o 17% do censo total de Galicia. Se a análise se realiza a nivel de provincia, pódese observar a importancia da bisbarra respecto Ourense, achega a metade dos porcinos, o 37% das aves, o 24% dos ovinos, o 22% das coellas nai, o 20% dos bovinos e o 11% dos equinos, sen olvidar tampouco as explotacións apícolas.
 
A comarca limiá representa un tercio da provisión da IXP “Tenreira Galega” e en ovino-caprino, porcino e aves representa o 8% do total de Galicia.

Toda esta actividade no sector primario xera unha importante economía industrial e de servizos, con 13 almacenistas envasadores de pataca e de productos hortícolas, 7 empresas de productos fitosanitarios, 4 almacenistas de cereal, 3 clínicas veterinarias, 8 almacéns de abonos, 6 concesionarios de maquinaria agrícola, 7 talleres de reparación de maquinaria e venta de material de rego, etc., o que supón 325 empregos directos, ademáis de ser a fonte de ingresos e o modo de vida da zona.


2.- A creación dun punto de acopio de residuos agrícolas e gandeiros:

Dada a importancia da actividade agroindustrial, xérase un volume de residuos que cómpre concentrar para, posteriormente, xestionar axeitadamente. Os volumes maiores virán dados por patacas non comerciais (pequenas, cortadas, con defectos, etc.), restos vexetais como palla ou de horta, aceites usados, plásticos, madeiras, etc.
Faise necesario regularizar a situación, creando unha planta de xestión de residuos agrícolas, onde se concentren éstes, para posteriormente darlles diferentes destinos, que no caso de subprodutos agrarios será a alimentación animal, e mesmo a produción de compost.
O resto de residuos, plásticos, aceites, baterías, rodas, etc, xestionaranse a través dos xestores autorizados para tal fin. 


3.- A Limia sostible.

A Limia, dado o tamaño e a importancia do sector primario, debe evolucionar cara sistemas productivos sostibles; e a solución pasa pola mellora na concienciación e na formación das boas prácticas agrarias, gandeiras e ambientais.
 
Dende ADEGAL vanse liderar as melloras necesarias a través da creación de guías de boas prácticas e programas formativos, conciliando posturas e dando a coñecer os valores tan positivos dos que gozamos e polos que queremos que se recoñeza o mérito que ten esta comarca.



4.- Plan de regadíos

A modernización da rede de regadíos está declarada de interés xeral pola Lei 51/2007, de 26 de decembro.
 
A Limia necesita ter máis terra con dispoñibilidade de auga para alongar as rotacións de cultivo e así facer rotacións menos intensivas, ademais de poñer máis terra disposta a recibir estercos, etc. É necesario que se completen os plans de modernización das Comunidades de regantes "Corno do Monte", "Alta Limia", "Lamas-Ganade" e "San Salvador de Sabucedo". Para logo dar resposta ás de Trasmiras, Sarreaus, Val de Ouro e Fontoiro.



5.- Plan de acondicionamento de pistas, canales e cortaventos

Temos tanto agricultores, gandeiros, como as empresas de insumos, unhas infraestruturas que non están acordes coa maquinaria e camións de repartición e recollida de animais que posuímos. É necesario que na bisbarra se estableza un plan ó máis longo prazo posible e co maior consenso para que esas infraestruturas estén en bo estado.



6.- Proxecto “Faramontaos , número 5089.1”:

ADEGAL presentou alegacións ante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pertencente á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia para a denegación da concesión dos dereitos mineiros solicitados para a explotación “Faramontaos 5089.1” por ser unha zona de especial interés agrario, por ser zona de concentración parcelaria e de modernización do regadío, por ser incompatible coa actividade agraria, ademáis de ser un proceso pouco respetuoso co medio ambiente, co patrimonio cultural e con impactos para a saúde das persoas.
 
Xuño de 2013

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com