:: SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA


O Instituto Enerxético de Galicia publica a "Resolución do 26 de decembro de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2015".

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quentamento dun fluído mediante equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible.

Poderán ser beneficiarios:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións.

O prazo de solicitude remata o 26 de febreiro de 2015.

Adxúntanse as bases completas: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150126/AnuncioO3G1-150115-0001_gl.pdf

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com