Subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e servizos do Instituto Enerxético de Galicia.


http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140707/AnuncioO3G1-200614-0001_gl.pdf
A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nunha explotación de gando bovino, ovino e cabrún, rexistrada en Galicia, por motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levadas a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarios oficiais.

Abarca tamén  a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados e os casos de morte/sacrificio deses animais como
consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140630/AnuncioG0165-250614-0013_gl.pdf
A Consellería de Economía e Industria convoca subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para a rehabilitación con granito de fachadas de edificacións de vivendas existentes e tamén para a renovación de cuberta con tella cerámica ou lousa.

Adxúntanse os enlaces coas bases das convocatorias publicadas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140627/AnuncioCA04-190614-0003_gl.pdf

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140627/AnuncioCA04-190614-0002_gl.pdf

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140627/AnuncioCA04-190614-0001_gl.pdf
Para todas aquelas mulleres titulares ou cotitulares de explotacións agrarias, a Consellería de Traballo e Benestar incentiva a súa afiliación á Seguridade Social con axudas, e procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Adxúntase o enlace con toda a información publicada no Diario Oficial de Galicia.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140625/AnuncioCA05-160614-0001_gl.pdf
Páxinas: Primeiro ... 6 7 8 9 10 

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com