A Consellería do Medio Rural e do Mar publica a "ORDE do 18 de maio de 2015 pola que se convocan para o ano 2015 as axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013".

A finalidade desta liña de axudas é fomentar a participación dos agricultores e gandeiros nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada mediante a contribución ao financiamento dos custos fixos que esta participación ocasiona.

Serán subvencionables, excluídos impostos recuperables, os gastos derivados da inscrición e as cotas de participación nun programa de calidade diferenciada dos alimentos do sector agroalimentario galego, incluíndo, se é o caso, os gastos de rexistro, control ou inspección e certificación necesarios para comprobar o cumprimento das especificacións do programa. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.

Para a convocatoria de 2015, serán atendibles os gastos imputados á campaña anual que comprende o período que vai do 1 de xuño de 2014 ata o 31 de maio 2015.

O prazo de presentación da solicitude remata o 27 de xuño de 2015.

Adxúntanse as bases completas no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150527/AnuncioG0165-190515-0003_gl.pdf


O Ministerio de Hacienda e Administracións Públicas fixo público no B.O.E. unha reducción para o período impositivo 2014 nos índices de rendemento neto aplicables no método de estimación obxetiva no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para as actividades agrícolas e gandeiras afectadas por diversas circunstancias excepcionais.

http://www.boe.es/boe/dias/2015/04/24/pdfs/BOE-A-2015-4456.pdf

Establécense as bases reguladoras para a concesión das axudas para subvencionar as actuacións de transporte e aplicación a campo ou por transporte a un centro de xestión de dexeccións gandeiras ou a un xestor autorizado de residuos, dos xurros das explotacións da Comunidade Autónoma de Galicia que se destinaban ás plantas de secado antes do seu peche.

Poderán ser obxecto de financiamento as seguintes actividades:

1. Poderanse transportar e aplicar como máximo os metros cúbicos e o seu equivalente en kg de nitróxeno que o gandeiro tiña contratado coa planta de secado de xurros. Este transporte poderase realizar desde a data de presentación da solicitude e como máximo ata o 31 de decembro de 2015.

2. A distancia mínima entre a explotación gandeira e a parcela onde se apliquen os xurros para que o transporte sexa unha actuación subvencionable deberá ser de 20 km e deberán ser parcelas que no momento de realizar a aplicación non se atopen incluídas en ningún plan de xestión de dexeccións gandeiras.

3. Poderanse transportar ata un centro de xestión de dexeccións ou a unha instalación de tratamento de residuos como máximo os metros cúbicos e o seu equivalente en kg de nitróxeno que o gandeiro tiña contratado coa planta de secado de xurros.

O parazo de solicitude remata o 15 de maio de 2015. Para consultar as bases completas preme aquí: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150415/AnuncioG0165-080415-0001_gl.pdf
A Consellería do Medio Rural e do Mar publicou no D.O.G. a "ORDE do 18 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2015".

Poderán ser beneficiarios os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2015 e liñas gandeiras dos plans 2014 e 2015, formalizadas no 2015, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150406/AnuncioG0165-250315-0008_gl.pdf

A Consellería do Medio Rural e do Mar publica no D.O.G. a "ORDE do 4 de marzo de 2015 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2015".
Estas axudas teñen como finalidade:
-  Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
-  Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
-  Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Adxúntanse as bases completas da convocatoria, cuio prazo de solicitude remata o vindeiro 16 de abril:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150316/AnuncioG0165-060315-0004_gl.pdf
Páxinas: Primeiro ... 3 4 5 6 7 ... Último

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com