Adegal estudiará en profundidade este anteproxecto de lei e formulará as melloras que se estimen oportunas na defensa e no ampara dos sectores que representa:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2891/parcelas-rusticas-vendidas-herdadas-cedidas-banco-terras-poderan-obter-unha-deducion
A Consellería do Medio Rural e do Mar publica o "DECRETO 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios dende as explotacións á persoa consumidora final", que entrará en vigor o próximo día 20 de outubro.

Na citada normativa regúlase a venda directa de produtos primarios polos produtores á persoa consumidora final ou a establecementos de comercio polo
miúdo para o abastecemento ó consumidor final, ademais de crear unha sección destinada á inscrición das explotacións acollidas ó réxime de venda directa no  Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140930/AnuncioG0165-230914-0002_gl.pdf
"Orden AAA/1511/2014, de 1 de agosto, por la que se homologa el contrato-tipo de integración de la avicultura de carne", publicada no Boletín Oficial do Estado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

http://www.boe.es/boe/dias/2014/08/13/pdfs/BOE-A-2014-8698.pdf
A Consellería do Medio Rural e do Mar establece as  bases que regulan as axudas para fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas e procede á súa convocatoria para o ano 2014 en réxime de concorrencia competitiva, a través de dúas liñas de axuda:

- Liña I: primeira forestación de terras non agrícolas.

- Liña II: primeira forestación de terras non agrícolas con castiñeiro para froito no ámbito xeográfico de produción da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia.

Adxúntase o documento publicado no D.O.G. coas bases completas.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140811/AnuncioG0165-010814-0001_gl.pdf
A Secretaría Xeral de Igualdade incentiva as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas
empresariais, ademais do fomento da iniciativa empresarial da investigación ou de base tecnolóxica, como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes liñas de actuación:
-  Liña Emprende: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino por conta propia e allea.
- Liña Innova: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
- Liña Activa: programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade coas cales acadar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto económico actual.
-  Liña ITEF: específica de investigación ou tecnolóxica en feminino: programa de axudas económicas mediante primas para promocionar o mellor proxecto empresarial de claro carácter innovador, contido científico ou de base tecnolóxica nas empresas lideradas por mulleres e que comparten a creación de emprego feminino.
-  Liña Concilia: programa de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140811/AnuncioG0244-070814-0001_gl.pdf
Páxinas: Primeiro ... 6 7 8 9 10 

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com