Establécense as bases reguladoras das axudas para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, tendo como finalidade:

a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Poderán ser beneficiarios:

a) As cooperativas agrarias que teñan como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola(CUMA), as sociedades agrarias de transformación(SAT), que teñan como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola segundo o artigo 9 da Lei 5/1998, do 18 de decembro (DOG núm. 251, do 30 de decembro), de cooperativas de Galicia.

b) O resto das cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario para prestaren servizos aos seus socios.

c) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade e as SAT procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos 10 anos posteriores á súa constitución.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de febreiro: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170102/AnuncioG0426-261216-0002_gl.pdf
A "ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2017."  ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2017.

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda, dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de xaneiro.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161230/AnuncioG0426-221216-0001_gl.pdf
A Consellería do Medio Rural publica a "ORDE do 19 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017."

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e as Sociedades de Fomento Forestal  poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas contempladas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2017 en réxime de concorrencia competitiva.

Establécense dúas liñas de subvencións:
a) Liña I. Subvencións para o control selectivo de combustible.
b) Liña II. Subvencións para a construción de puntos de auga.

As bases completas desta axuda pódense consultar aquí: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161228/AnuncioG0426-191216-0004_gl.pdf

 
 
A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO, publicou a "ORDE do 29 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan as especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2016".

O obxecto é  establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (xabaril, lobo, oso e outras especies), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies.

As actuacións subvencionales son:
1. Para a prevención de danos ocasionados polo lobo: a adquisición de cans mastíns, pastores eléctricos e cerrumes de malla electrificada, que se faga con posterioridade á publicación desta orde.
2. Para a prevención de danos ocasionados polo oso, xabaril ou outras especies de fauna silvestre: a adquisición de pastores eléctricos, que se faga con posterioridade á publicación desta orde.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 12 de setembro de 2016.


Medio Rural publica a "ORDE do 6 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016".

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

Poderán acollerse a estas axudas:
a) Cooperativas agrarias titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Sociedades agrarias de transformación (SAT) titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións.
c) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Serán subvencionables as actuacións relacionadas a continuación:
a) Instalacións e construcións agropecuarias que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.
b) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.
c) Gastos en honorarios profesionais na redacción do anteproxecto e proxecto.

Non se concederán axudas para:
a) Os investimentos de simple substitución, nin se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos que sexan recuperables.
b) Gastos de conservación e mantemento ou os derivados de actividades de funcionamento da explotación.
c) Os investimentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos.
d) Os investimentos de carácter forestal.

O prazo de presentación da solicitude remata o vindeiro 22 de agosto.

Toda a información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160722/AnuncioG0426-080716-0001_gl.pdf
 
Páxinas: 1 2 3 4 5 ... Último

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com