Medio Rural publica a "ORDE do 6 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016".

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

Poderán acollerse a estas axudas:
a) Cooperativas agrarias titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Sociedades agrarias de transformación (SAT) titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións.
c) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Serán subvencionables as actuacións relacionadas a continuación:
a) Instalacións e construcións agropecuarias que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.
b) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.
c) Gastos en honorarios profesionais na redacción do anteproxecto e proxecto.

Non se concederán axudas para:
a) Os investimentos de simple substitución, nin se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos que sexan recuperables.
b) Gastos de conservación e mantemento ou os derivados de actividades de funcionamento da explotación.
c) Os investimentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos.
d) Os investimentos de carácter forestal.

O prazo de presentación da solicitude remata o vindeiro 22 de agosto.

Toda a información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160722/AnuncioG0426-080716-0001_gl.pdf
 
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio establece as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016.

Comunicación do daño.

1. No prazo máximo dos tres días seguintes á produción do dano, as persoas propietarias dos cultivos afectados deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é das 8.00 ás 20.00 horas, de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas, os sábados.

Para os danos producidos entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación dos danos realizarase nos tres días seguintes contados desde as 20.00 horas do domingo.

2. Unha vez rexistrada a denuncia, o persoal da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio desprazarase ata o lugar dos feitos para comprobar a existencia dos danos, despois do cal se poderá facer a colleita ou continuar co cultivo afectado. Esta valoración recollerase nun informe que será remitido ao correspondente servizo provincial de Conservación da Natureza.

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen dende o 16 de xullo ata o 10 de outubro de 2016.

Adxúntase o enlace das bases completas: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160715/AnuncioG0422-040716-0009_gl.pdf
As sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de
propietarios particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as
cooperativas agrarias, os pro-indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as
entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) xa poden solicitar as axudas para a plantación de castiñeiros para froito cuio prazo de solicitude remata o día 27 de xullo.

Pódense consultar as bases completas no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160627/AnuncioG0426-090616-0001_gl.pdf

 
A Consellería do Medio Rural publica a "ORDE do 13 de abril de 2016 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 e se convocan para o ano 2016."
Esta axuda ten como finalidade:
a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Os investimentos subvencionables son os seguintes:
a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

Non se subvencionarán:
a) A simple reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) O IVE e outros impostos que sexan recuperables.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
O prazo de solicitude remata o día 21 de maio.
Toda a información premendo no enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160421/AnuncioG0426-110416-0004_gl.pdf
 
Establécense  as bases reguladoras para a concesión das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) do PDR de Galicia 2014-2020 para a creación e desenvolvemento de actividades económicas viables non agrícolas, ben ampliando o abano de actividades desenvolvidas no marco das explotacións agrarias, incentivando a súa diversificación, ou ben mediante a creación, ampliación e modernización de unidades de produción no medio rural, co fin de contribuír á xeración de novos empregos e á dinamización económica dos territorios rurais.
Con carácter xeral, serán subvencionables:
a) A construción, adquisición e mellora de inmobles, que só poderán ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, o importe subvencionable non superará o 50 % dos gastos subvencionables.
b) A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
c) Os custos xerais vinculados ós gastos anteriores en concepto de honorarios de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade, ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
d) Compra de maquinaria e equipamentos novos.
e) Adquisición e desenvolvemento de programas informáticos precisos para a execución e bo fin da operación.
f) Adquisición de patentes e licencias relacionadas co proceso produtivo, ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
g) Gastos de constitución (notariais, rexistrais e administrativos) derivados do comezo da actividade prevista no proxecto.

O prazo de presentaciónd e solicitudes remata o 7 de maio.

Toda a información da Orde da Consellería do Medio Rural aquí: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160407/AnuncioO90-220316-0001_gl.html
Páxinas: 1 2 3 4 5 ... Último

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com