A Consellería do Medio Rural publica a orde "ORDE do 22 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016" que ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, así como proceder á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2016.

- Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do réxime. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.
- A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.

O prazo de presentación para as solicitudes comezou o 8 de abril e rematará o 15 de xuño.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160407/AnuncioG0426-220316-0001_gl.pdf
O prazo de presentación da solicitude única das axudas da PAC, para o ano 2016, iniciarase o 1 de febreiro e rematará o día 30 de abril ambos inclusive.

Logo de numerosas reclamacións dende a campaña do 2015,  realizadas por esta Asociación ante  Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, o FOGGA e a Consellería do Medio Rural, ante a defensa e o amparo dos nosos asociados, en vista ás condicións e requisitos sobre o cumprimento do PAGO VERDE, concretamente no apartado de diversificación de cultivos:
  1. Recoñécese a contemplación como cultivos diferentes os cereais de primavera e os de inverno pertencentes a un mesmo xénero botánico.
 
  1. O programa informático para a realización da solicitude única neste ano 2016 non contempla esta diferenciación, polo que se deberá entregar un escrito na Oficina Agraria Comarcal  cunha relación das parcelas especificando os cultivos. Debandito documento deberá rexistrarse dentro dos plazos establecidos para as axudas da PAC.

A "ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se convocan para o ano 2016 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020"  tamén ten como finalidade:

a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.

b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.



Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade da explotación. En particular:

a) A construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.

b) A compra de nova maquinaria.

c) Os custos xerais vinculados aos gastos recollidos nas letras a) e b), tales como honorarios dos enxeñeiros que elaboren os proxectos de construción ou reforma, os estudos de viabilidade, permisos ou licenzas.

d) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros, a excepción dos incluídos na medida 8 do PDR de Galicia 2014-2020).

e) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.

f) Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.

2. No caso de investimentos que inclúan actuacións de rega, será de aplicación o establecido no artigo 46 do Regulamento (UE) 1305/2013. A este respecto, para que os ditos investimentos sexan elixibles terán que cumprir as condiciones especificadas a continuación:

a) Coherencia coa planificación hidrolóxica e coa Directiva marco da auga; a demarcación hidrográfica en que se localiza a explotación onde se realizará a dotación ou mellora da instalación de rega debe contar cun plan hidrolóxico aprobado e comunicado á Comisión Europea, en termos conformes coa Directiva marco da auga.

A mellora debe ser coherente cos obxectivos, asignacións ou reservas de recursos, programas de medida e demais determinación que conteña o correspondente plan hidrolóxico, que resulten aplicables á agricultura e ao regadío.

b) Sistema de medición do uso da auga; se a operación inclúe a dotación ou mellora dunha instalación de rega, esta debe dispoñer dun contador.

c) Condicións de elixibilidade específicas para proxecto de mellora de instalacións de rega preexistentes:

a. Aforro potencial da auga; este aforro potencial debe superar o 5 % conforme aos parámetros técnicos da instalación. Para o cálculo do dito aforro terase en conta:

i. A redución de perdas por mellora das conducións dentro da explotación.

ii. A redución do volume debida ao sistema de aplicación da rega.

iii. O cambio duradeiro da orientación produtiva das parcelas en que se melloren as instalacións de rega.

b. Redución da auga empregada polos regadíos preexistentes que afecten masas de auga que non alcanzan o bo estado:

i. O investimento deberá garantir unha redución efectiva no uso da auga a nivel da instalación de, polo menos, o 50 % do aforro potencial da auga.

ii. A redución efectiva apreciarase sobre o volume da auga empregada na instalación, xa sexa procedente dunha infraestrutura de regadío ou procedente dunha captación propia. A dita redución calcularase como diferenza entre a dotación da explotación despois da modernización, e da dotación antes desta, en volume ao ano (m3/ano).

d) Condicións de elixibilidade específicas dos investimentos para a ampliación da superficie regada; só serán subvencionables os obxectivos de bo estado de acordo coa planificación hidrolóxica, ou ben que non cumpran por razóns diferentes ás cuantitativas, neste caso deberá cumprir as condicións do punto anterior.

e) Investimentos de ampliación de regadío combinados con outros de modernización de instalacións; neste caso a redución no uso da auga determinarase considerando conxuntamente as dúas instalacións: A (preexistente) e B (nova). Calcularase restando a auga empregada en A antes da modernización, tanto a auga empregada en A despois da modernización como a auga empregada en B.

Débese cumprir a condición de que a redución conxunta no uso da auga das dúas instalacións A e B dividida entre o aforro potencial derivado da modernización da instalación A orixinal sexa polo menos superior a 0,5.

3. Non serán subvencionables os investimentos que se limiten a substituír un edificio ou unha máquina existentes, ou partes destes, por un edificio ou unha máquina novos e modernos, sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou sen introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou a tecnoloxía correspondente. Non se considerarán investimentos substitutivos a demolición total dun edificio agrario de máis de 30 anos e a súa substitución por outro moderno nin a renovación xeral dun edificio. Unha renovación considerarase xeral cando o seu custo supoña como mínimo o 50 % do valor do edificio novo. No referente ás máquinas, tampouco se considerará substitución cando teñan máis de 10 anos.

A maquinaria agrícola só será elixible nos casos en que estea claramente xustificada e acorde ao dimensionamento da explotación.

A compra de dereitos de produción; plantas anuais e a súa plantación; investimento de simple substitución; maquinaria de segunda man; custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, e a maquinaria e equipamentos de carácter forestal non serán subvencionables.

4. Para dar cumprimento ao requisito de moderación de custos propostos que se establece no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, fixaranse custos de referencia ditados en virtude da disposición derradeira primeira, definidos na norma complementaria que se publicará na web da Consellería do Medio Rural, independentemente da exixencia de presentar un mínimo de tres ofertas de distintos provedores

5. Establécese un investimento mínimo de 5.000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento máximo subvencionable para cada beneficiario será de 120.000 €/UTA, cun máximo de 500.000 €, nun período de catro anos. Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais, agás que se trate dun plan de mellora dun agricultor/a mozo/a que presente simultaneamente unha primeira instalación, onde o límite máximo de investimento por UTA se calculará en función do número de UTA correspondente á situación posterior á instalación.

Máis información aquí: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151229/AnuncioG0426-231215-0004_gl.pdf
Ábrese o prazo de presentación de solicitude para as axudas da "Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convocan para o ano 2016 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural(Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020" dende o 18 de xaneiro ata o 18 de marzo.

Os agricultores mozos que desexen acceder ás axudas á incorporación de agricultores mozos á actividade agraria deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser agricultor mozo.

b) Cumprir a condición de agricultor profesional.

c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a instalación.

d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, como incorporación do mozo, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.

e) Cumprir o plan empresarial.

f) Non ter rematado o proceso de instalación antes da solicitude da axuda.

g) Exercer o control efectivo da explotación.

Así mesmo deberán:

a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.

b) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea, coa execución do plan empresarial.

Toda a información no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151229/AnuncioG0426-231215-0004_gl.pdf
A Consellería do Medio Rural publica no D.O.G. a  "ORDE do 24 de novembro de 2015 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2016".

Poderán ser beneficiarios aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención destas axudas estar inscrito no Rexistro oficial apícola da comunidade autónoma, polo menos con anterioridade ó primeiro de xaneiro do ano 2015.

Os requisitos a cumprir serán:
a) Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
b) Ser titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.
c) Ter realizada a declaración censual anual referida ao ano 2015.
d) Realizar polo menos un tratamento ó ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.

O prazo de presentación da solicitude remata o 4 de xaneiro de 2016.

Toda a información das bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva destas axudas premendo no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151203/AnuncioG0426-261115-0001_gl.pdf


Páxinas: 1 2 3 4 5 ... Último

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com