::  Axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común.

Medio Rural publica a "ORDE do 6 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016".

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

Poderán acollerse a estas axudas:
a) Cooperativas agrarias titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Sociedades agrarias de transformación (SAT) titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións.
c) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Serán subvencionables as actuacións relacionadas a continuación:
a) Instalacións e construcións agropecuarias que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.
b) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.
c) Gastos en honorarios profesionais na redacción do anteproxecto e proxecto.

Non se concederán axudas para:
a) Os investimentos de simple substitución, nin se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos que sexan recuperables.
b) Gastos de conservación e mantemento ou os derivados de actividades de funcionamento da explotación.
c) Os investimentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos.
d) Os investimentos de carácter forestal.

O prazo de presentación da solicitude remata o vindeiro 22 de agosto.

Toda a información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160722/AnuncioG0426-080716-0001_gl.pdf
 

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com