:: Convócanse as axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio establece as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016.

Comunicación do daño.

1. No prazo máximo dos tres días seguintes á produción do dano, as persoas propietarias dos cultivos afectados deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é das 8.00 ás 20.00 horas, de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas, os sábados.

Para os danos producidos entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación dos danos realizarase nos tres días seguintes contados desde as 20.00 horas do domingo.

2. Unha vez rexistrada a denuncia, o persoal da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio desprazarase ata o lugar dos feitos para comprobar a existencia dos danos, despois do cal se poderá facer a colleita ou continuar co cultivo afectado. Esta valoración recollerase nun informe que será remitido ao correspondente servizo provincial de Conservación da Natureza.

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen dende o 16 de xullo ata o 10 de outubro de 2016.

Adxúntase o enlace das bases completas: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160715/AnuncioG0422-040716-0009_gl.pdf

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com