:: Subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas.

Establécense  as bases reguladoras para a concesión das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) do PDR de Galicia 2014-2020 para a creación e desenvolvemento de actividades económicas viables non agrícolas, ben ampliando o abano de actividades desenvolvidas no marco das explotacións agrarias, incentivando a súa diversificación, ou ben mediante a creación, ampliación e modernización de unidades de produción no medio rural, co fin de contribuír á xeración de novos empregos e á dinamización económica dos territorios rurais.
Con carácter xeral, serán subvencionables:
a) A construción, adquisición e mellora de inmobles, que só poderán ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, o importe subvencionable non superará o 50 % dos gastos subvencionables.
b) A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
c) Os custos xerais vinculados ós gastos anteriores en concepto de honorarios de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade, ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
d) Compra de maquinaria e equipamentos novos.
e) Adquisición e desenvolvemento de programas informáticos precisos para a execución e bo fin da operación.
f) Adquisición de patentes e licencias relacionadas co proceso produtivo, ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
g) Gastos de constitución (notariais, rexistrais e administrativos) derivados do comezo da actividade prevista no proxecto.

O prazo de presentaciónd e solicitudes remata o 7 de maio.

Toda a información da Orde da Consellería do Medio Rural aquí: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160407/AnuncioO90-220316-0001_gl.html

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com