:: ASIGNACIÓN PROVISIONAL DOS DEREITOS DE PAGAMENTO BÁSICO

O Fondo Español de Garantía Agraria publica unha asignación provisional dos dereitos de pagamento básico, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www11.fega.es/BdcGpbConsultaPublica/inicio/inicio.action.

Se no 2015 se presentou unha transferencia de explotación ou unha solicitude á Reserva Nacional, non aparecerán os datos asociados á explotación.

A comunicación oficial para todos os produtores titulares de dereitos provisionais realizarase no mes de decembro de 2015, e finalmente a comunicación dos dereitos definitivos antes de que finalice o primeiro trimestre de 2016.

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com