:: CONVOCATORIA PARA O ANO 2015 DAS AXUDAS PARA AGRICULTORES MEMBROS DE AGRUPACIÓNS DE DEFENSA FITOSANITARIA

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a  Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se convocan as axudas para agricultores membros de Agrupacións de Defensa Fitosanitaria (ADF) en materia de loita contra as pragas. As solicitudes de axuda para a convocatoria deste ano presentaranse ata o 29 de xuño.

A finalidade destas subvencións é  conseguir unha mellora da loita fitosanitaria nas explotacións contra as pragas  financiando  entre outros, os custes do persoal que realizan o correspondente asesoramento técnico, enfocado ó seguimento das pragas, recomendacións de tratamentos a seguir, así como a levanza dos cadernos de explotación.

Os beneficiarios serán os agricultores que desenvolvan a súa actividade nos sectores de produción de horta, froiteira ou vide, que estean inscritos no rexistro de explotacións agrarias, que pertenzan a unha ADF e empreguen os seus servizos para o desenvolvemento dun programa de defensa fitosanitaria. Tamén deberán acreditar a súa actividade agraria mediante o seu correspondente código de explotación agraria (REAGA).

Adxúntanse as bases completas: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150529/AnuncioG0165-220515-0005_gl.pdf

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com