:: AXUDAS Á PRODUCIÓN E MELLORA DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS CON CALIDADE DIFERENCIADA

A Consellería do Medio Rural e do Mar publica a "ORDE do 18 de maio de 2015 pola que se convocan para o ano 2015 as axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013".

A finalidade desta liña de axudas é fomentar a participación dos agricultores e gandeiros nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada mediante a contribución ao financiamento dos custos fixos que esta participación ocasiona.

Serán subvencionables, excluídos impostos recuperables, os gastos derivados da inscrición e as cotas de participación nun programa de calidade diferenciada dos alimentos do sector agroalimentario galego, incluíndo, se é o caso, os gastos de rexistro, control ou inspección e certificación necesarios para comprobar o cumprimento das especificacións do programa. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.

Para a convocatoria de 2015, serán atendibles os gastos imputados á campaña anual que comprende o período que vai do 1 de xuño de 2014 ata o 31 de maio 2015.

O prazo de presentación da solicitude remata o 27 de xuño de 2015.

Adxúntanse as bases completas no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150527/AnuncioG0165-190515-0003_gl.pdf

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com