:: AXUDAS PARA A INCORPORACIÓN DE MOZOS Á ACTIVIDADE AGRARIA 2015



Establécense as bases reguladoras das axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos ou mozas  e convócanse para o ano 2015.

Estas axudas teñen como finalidade asegurar a competitividade e a continuidade das explotacións agrarias de Galicia e poderán ser beneficiarios as persoas que non figuran nin figurasen inscritos como titulares de explotacións agrarias no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, que se instalen nunha explotacións agraria prioritaria, que teñan cumpridos os 18 anos e sexan menores de 40 anos de idade no momento da solicitude de axuda.
 
O prazo de presentación remata o 23 de febreiro de 2015.Pódense consultar as bases completas premando no enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150123/AnuncioG0165-020115-0010_gl.pdf

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com