:: GALICIA REGULA A VENDA DIRECTA DE PRODUCTOS PRIMARIOS

A Consellería do Medio Rural e do Mar publica o "DECRETO 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios dende as explotacións á persoa consumidora final", que entrará en vigor o próximo día 20 de outubro.

Na citada normativa regúlase a venda directa de produtos primarios polos produtores á persoa consumidora final ou a establecementos de comercio polo
miúdo para o abastecemento ó consumidor final, ademais de crear unha sección destinada á inscrición das explotacións acollidas ó réxime de venda directa no  Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140930/AnuncioG0165-230914-0002_gl.pdf

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com