:: ADEGAL NON PERMITIRÁ A INSTALACIÓN DUNHA PLANTA DE MEZCLA BITUMINOSA EN PARADA DE RIBEIRA

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia oponse rotundamente á instalación dunha planta de mezcla bituminosa en Parada de Ribeira.

Este núcleo rural enmárcase dentro da Limia, con terras con  aptitude agraria e de alto valor, onde tivo lugar unha concentración parcelaria levada  a cabo pola Administración, polo tanto, a actividade desta planta asfática é incompatible coa actividade agrogandeira. Ademais, hai que sumar que é un proceso con riscos para a saúde das persoas, recordando a escasa distancia que hai dende a parcela onde se pretende implantar a actividade ós núcleos de poboación rural.

Adegal, que loita pola defensa e o impulso da comarca da Limia, e consecuentemente pola conservación do seu potencial agragandeiro, solicitará de urxencia unha reunión co Xefe Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural, Iago Borrajo, para a obtención dunha resposta motivada pola solicitude que a Asociación fixo para que a Limia sexa declarada Zona de Actividade Agraria Prioritaria, declaración na que poder ampararse e na que non terían cabida  este tipo de amenazas, recordando que neste último tempo ten habido varias, como foi o caso do proxecto mineiro de Faramontaos.

Esta Asociación emprenderá medidas legais e mobilizacións ante esta situación de inseguridade e risco para os colectivos representados.

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com