:: AXUDAS ÁS EXPLOTACIÓNS DE GANDO BOVINO, OVINO E CABRÚN

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nunha explotación de gando bovino, ovino e cabrún, rexistrada en Galicia, por motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levadas a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarios oficiais.

Abarca tamén  a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados e os casos de morte/sacrificio deses animais como
consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140630/AnuncioG0165-250614-0013_gl.pdf

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com