A Consellería de Economía e Industria publica no D.O.G  a "ORDE do 24 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014"
Estas axudas teñen por obxecto a concesión de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.
Enlázase o documento coas bases completas.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140801/AnuncioCA04-290714-0003_gl.pdf

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial.

A continuación adxúntaseo documento completo publicado no D.O.G.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140801/AnuncioCA04-230714-0004_gl.pdf
A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia oponse rotundamente á instalación dunha planta de mezcla bituminosa en Parada de Ribeira.

Este núcleo rural enmárcase dentro da Limia, con terras con  aptitude agraria e de alto valor, onde tivo lugar unha concentración parcelaria levada  a cabo pola Administración, polo tanto, a actividade desta planta asfática é incompatible coa actividade agrogandeira. Ademais, hai que sumar que é un proceso con riscos para a saúde das persoas, recordando a escasa distancia que hai dende a parcela onde se pretende implantar a actividade ós núcleos de poboación rural.

Adegal, que loita pola defensa e o impulso da comarca da Limia, e consecuentemente pola conservación do seu potencial agragandeiro, solicitará de urxencia unha reunión co Xefe Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural, Iago Borrajo, para a obtención dunha resposta motivada pola solicitude que a Asociación fixo para que a Limia sexa declarada Zona de Actividade Agraria Prioritaria, declaración na que poder ampararse e na que non terían cabida  este tipo de amenazas, recordando que neste último tempo ten habido varias, como foi o caso do proxecto mineiro de Faramontaos.

Esta Asociación emprenderá medidas legais e mobilizacións ante esta situación de inseguridade e risco para os colectivos representados.

Gonzalo López Osorio, Mª Teresa Joga Martínez, Eloy Álvarez Vilar, Laura Rguez. Rguez. e Carlos López Rguez.

ADEGAL e o Banco Pastor firmaron un acordo de colaboración para impulsar o desarrollo do negocio agroalimentario na comarca da  Limia. O convenio enmárcase dentro da estratexia de Pastor de apoio ó sector agrogandeiro en Galicia, consciente da importancia que ten para o conxunto da economía galega.
 
A través do acordo, os socios de ADEGAL xa poden disfrutar das vantaxas no amplo abanico de productos ofrecidos pola Entidade Bancaria.

http://www.adegalxinzo.es/gfx/Descargas/CONVENIOS_DE_COLABORACION/condiciones%20Pastor.pdf.pdf

 

Páxinas: Primeiro ... 6 7 8 9 10 

Rúa Río Arnoia, N° 12,
Edificio Multicentro, Local 20
32630 - Xinzo de Limia - Ourense
Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
adegalxinzo@gmail.com